jueves 26 de noviembre de 2009
SAMAÍN 2.009
O MAGOSTO
martes 24 de noviembre de 2009
NOVO CURSO 2.009/2.010

Aquí estamos novamente... favorecendo a cultura no noso INSTITUTO dende o BLOG do noso Club de Lectura "MAROLE". Este ano recibimos aos nenos de primeiro con novidades que de seguido poñemos no seu coñecemento... ¡Viva o DIVERTIMENTO! Gozemos coa lectura... iso nos move e nos fai máis fortes para "soportar" este primeiro ano de... ¿sufrimento? ou... ¿DIVERTIMENTO?... A LER... sexa en mancomún, en común, ou... cecais por cada un... A escoller a maneira de ler... ao xeito de cada un... pero, leamos, vivamos as aventuras e... sobre todo... DISFRUTEMOS co placer de LER en maiúsculas.
CONSELLO DA XUVENTUDE DE GALICIA - PROXECTO “RECLOTHES"
Informe técnico do desenvolvemento do proxecto.
A creación e confección do traxe de noiva foi un proxecto docente que afrontamos no instituto cunha motivación de carácter educativo, e coas técnicas pedagóxicas que corresponden. Traballamos cun grupo de 22 alumnos e alumnas de 1º de ESO do IES “Maximino Romero de Lema” de Baio - Zas - A Coruña, un alumnado que acaba de incorporarse a unha nova etapa, a un novo espazo educativo, e que aceptou o desafío.
A interese pedagóxica é evidente desde o punto de vista do profesorado participante: os titores Alejo Figueroa e José Angel Martín, o profesor de plástica, Carlos Fernández e coordinando a profesora de Audición e Linguaxe Cari Camarero porque:
1- Dounos unha oportunidade de ofrecer ao alumnado unha actividade lúdica ( seguindo na metodoloxía a que viñan afeitos do ensino primario) que favoreceu a integración ao novo medio escolar e creou un bo clima de comunicación no tránsito a esta nova etapa.
2-Estimulamos no alumnado a conciencia de coidado do medio ambiente, de reducir o consumo, reutilizar os materiais e produtos de refugallo e reciclar o lixo, fomentando así as boas prácticas de protección e preservación da natureza..
3-A actividade desenvolveu a creatividade. Estimulou a imaxinación, as habilidades para buscar solucións e as destrezas manuais
4-O traballo obrigou ó alumnado a responder a un compromiso adquirido e a realizar un proxecto en todas as súas etapas: a distribución de responsabilidades, organización do traballo e a orde e limpeza na execución do proxecto.Tamén comprobaron a necesidade de delegar funcións imposibles de realizar (como a elaboración dos patróns).
5-Foi unha actividade na que determinados alumnos, que teñen dificultades académicas, demostraron a súa valía no traballo en equipo, o que vai incrementar a súa seguridade persoal. Posibilitou a participación de alumnado diverso que tomou a confección do vestido como algo propio, fomentando a conciencia de grupo e o traballo en equipo, así como o respecto ó ben común.
6- Constatamos que na realización deste proxecto nenos e nenas desempeñaron funcións asignadas tradicionalmente a un ou outro sexo, polo que contribuíu a transmisión dunha educación para a igualdade.
Materiais utilizados e especificacións de concepción.
Durante a elaboración do traxe que presentamos, traballouse con distintos plásticos flexibles utilizados na embalaxe de electrodomésticos, con bolsas usadas e botellas de plástico duro para os botóns.
Escollemos un vestido de noiva porque é unha prenda vistosa, que posúe moitos elementos “teatrais” coñecidos e que admite moitos accesorios. En apenas dez días non podíamos traballar aspectos relacionados coa confección ( medidas, patróns, costura,...), e esta foi unha forma de iniciarnos, facendo un tratamento global do proxecto.
Por outra banda o motivo elixido utilizámolo para reflexionar sobre o consumismo e a sociedade do destrago . Se a máxima de Lavoisier é “ na natureza, nada se perde, nada se crea, todo se transforma”, quixemos facer entender aos nosos alumnos a falta de lóxica presente na compra dos traxes de voda que, sendo sumamente custosos, créanse para un día, pérdense gardados no armario e raramente se transforman en algo útil.
A elección do liño como tecido empregado nos bosquexos pola maioría dos escolares fainos pensar que a tradición do uso desta materia está aínda viva na nosa comarca de Bergantiños- Soneira, sendo un recurso natural que debemos coidar e potenciar.
Actividades:
1-Reunión inicial para decidir a participación no concurso e para fixar un horario de traballo: nos recreos, mediodía do luns e horas nas que o profesorado considerou aproveitable a participación do grupo neste proxecto.
2-Bosquexos . Cada alumno realizou un debuxo de traxe de voda feminino.
3- Trouxeron todo tipo de plásticos que consideraron doados para confeccionar un vestido. Plásticos de cor branca e limpos
4- Consultaron revistas de moda e páxinas de Internet sobre vestiario nupcial e moda galega.
5- Descubriron en Internet as posibilidades que ten o plástico na confección, indicando termos como: re utilizar, reciclar, alternativas en plástico, vestidos de plástico, bolsas de plástico, eco-deseño, segunda vida ós obxectos...
6- Un grupo de alumnos pediu prestado nun comercio local “MODAS HERMI” un manequín para facilitar a montaxe do vestido .
7- Entre os bosquexos presentados gustou o corpo dun modelo, a saia doutro, o tocado dun terceiro. E con todas as ideas compúxose un novo modelo a partires destes elementos presentes nos distintos bosquexos.
8- Distribuímos o traballo en equipos segundo os gustos e as destrezas de cada un: debuxar, documentar, cortar, facer flores e adornos, limpar e ordenar, coser, etc.
9- Varios debuxantes fixeron o bosquexo definitivo do modelo: deseño do vestido, deseño do toucado e deseño dos arranxos.
10- Pedíuselle a unha modista de Laxe, María del Carmen Correa, que nos debuxara os patróns do modelo elixido conforme as medidas do manequín, que corresponde a unha talla 40 .
11- Cunha máquina de coser, agulla, fío, silicona e cinta adhesiva, rematamos o vestido e os accesorios ata onde puidemos, con algunhas variacións sobre o deseño previsto .
Baio, a 2 de outubro 2009
Jéssica Alborés Pérez, Kelly Botana Carreira, Sandra Camafreita Busto, Alberto Collazo Suárez,
Eva Delafuente Rodríguez, Santiago Díaz Cancela, Manuel Domínguez Lema, Lidia Fariña Suárez, Ángela Fernández Vidal, Carla García Ordoñez, David Pose García, Darío Miranda Pastoriza,
Roberto Naya García, Christian Órdoñez García, Christian Pazos Lema, Ángel Pérez Castiñeira,
Pedro Pérez Rodríguez, Tamara Rial Rama, Fabio Romero Martínez, Daniel Santos Esmorís,
Cristina Souto Amigo, Alfonso Villar Rossi.
E ESTE FOI O RESULTADO FINAL... ¡¡¡¡ ABRAIANTE !!!!
jueves 7 de mayo de 2009
SEMANA CULTURAL 30 de MARZO ao 3 de ABRIL
Actividades físico-deportivas a cargo da empresa Brétema ocio e tempo libre (tirolina, inchable rocódromo e tiro con arco).
Obradoiro de medio ambiente a cargo de Dinamo, obradoiro "Coñece a Rosalía" a cargo de Crearte, encontros co autor: JAUREGUIZAR (3º E.S.O.); emisión do filme "PRADOLONGO", obradoiro do CEFORE (4º E.S.O.); emisión do filme PRADOLONGO, actividades físico-deportivas a cargo da empresa Brétema (1º BACH.); técnicas de búsqueda de emprego (CICLO).
XOVES 2/04:
Representación do grupo teatral de alumnos do Centro (Grupo FEMININO PLURAL) da súa obra: "DRÁCULA", representación teatral do grupo TALÍA TEATRO da súa obra: "Bicos con lingua", no pavillón de Baio (1º, 2º, 3º, 4º E.S.O.); representación teatral do grupo TALÍA TEATRO da súa obra: "Bicos con lingua (1º BACH.); conferencia sobre "Como crear unha empresa" impartida pola Asociación de empresarios Terra de Soneira (1º BACH. e CICLO); conferencia sobre o PLAN BOLONIA a cargo da Unidade Técnica da Universidade da Coruña (2º BACH.).
VENRES 3/04
Audiovisual Regueifeiros, programa de Radio "EN BAIO POR REFORMAS" dirixido por Xurxo Souto e o alumnado de música de 2º BACH., audiovisual "Dios k te crew", actuación dos regueifeiros: Suso de Xornes e Fermín da Feira Nova, actuación de RAP a cargo de García de Dios k te crew.
martes 10 de marzo de 2009
MES DE AUTOR - MARZO
2.- No ano 1.431 fundouse unha Irmandade na Galiza medieval que se pode decir que é o xerme do galeguismo. ¿Cal foi esa Irmandade?
3.- ¿En que Asemblea se acorda a creación do Partido Galeguista?¿Donde ten lugar?
4.- ¿Cal era e quen funda a revista na que traballa Castelao alá polo ano 1.908?
5.- Un sacerdote vencellado a Castelao por moitas razóns crea unha productora cinematográfica. ¿De que sacerdote se trata e cal é esa productora cinematográfica?
6.- No ano 1.917 prodúcese en Galicia o nacemento dun forte movemento para a defensa da lingua galega. ¿Cal é ese movemento? ¿Quen é o seu fundador?
7.- ¿Que político prohibe a publicación da revista NÓS? ¿En que ano se prohibe esa publicación?¿En que ano morre o político que prohibiu a publicación da revista NÓS?
8.- Castelao fixo unha viaxe para estudar os cruceiros bretóns e logo ese traballo materializouno nun libro. ¿De que libro se trata? ¿Quen o edita? ¿En que ano?
9.- Un dos membros das Irmandades da Fala é o autor dunha obra chamada TRÍPTICO que agrupa tres obras teatrais. ¿De que autor se trata? ¿Cales son esas tres obras teatrais?
10.- Está enterrado no camposanto de San Amaro. O propio Castelao o dixo: é o motor do Partido Galeguista. ¿De quen se trata?
lunes 2 de marzo de 2009
O DÍA DOS ENAMORADOS
Todos os participantes que trouxeron receitas de Entroido e degustación foron agasallados cun libro e outro pequeno detalle para agradecerlle a súa participación. Os demáis limitáronse a comer.
MES DE AUTOR - FEBREIRO
miércoles 21 de enero de 2009
MES DE AUTOR
NOMBRE:.......................................................................................CURSO:.........................
1.- ¿En qué condado está situada la ciudad en la que nace Charles Dickens?
2.- ¿Cómo se llama la torre más famosa de la ciudad en la que nace Charles Dickens?
3.- ¿Quién ha diseñado y construido la torre de la ciudad en la que nace Charles Dickens?
4.- ¿A qué debe su nombre la estación ferroviaria de Charing Cross, cerca de la cual tenía su trabajo Charles Dickens en una fábrica de betún?
6.- El periódico que, en 1.834 contrata a Charles Dickens, ¿cuándo es creado? ¿Quién es su creador?
7.- ¿Con qué seudónimo empieza a escribir Charles Dickens en el Morning Chronicle?
8.- ¿Sobre que río tiene lugar el accidente ferroviario del cual Charles Dickens se salva milagrosamente?
9.- El río sobre el que cae el tren en el que viajaba Charles Dickens, ¿de qué río es afluente?
10.- ¿Dónde se rodó la película de Oliver Twist del director Roman Polanski?





